Os trapos sucios
da Axencia
Navegación
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en InternetComentarios
13/06: Os sindicatos... culpables?
Culpables de que? culpables por que? de que se nos acusa? Nestes últimos días recibín bastantes correos -demasiados, ao meu parecer- con textos escritos presuntamente por funcionarios opinando sobre a actual situación de crise e a consecuente redución salarial dos empregados públicos. Cada un expresa o seu parecer como quere, faltaría máis, pero atopar en todos eses correos unha argumentación similar para botar a culpa de todos os males aos sindicatos, ademais de producirme tristura e desacougo, faime pensar que os presuntos autores (funcionarios cuxos nomes non se atopan nas procuras de Funciona
) estean dirixidos por alguén que quere que esa opinión cale na sociedade. É sorpredente, por outra banda, que estes opinadores en quente
denuncien a falta de rigor das opinións que critican aos empregados públicos, e non se decaten de que as súas adoecen do mesmo cando falan dos sindicatos.
Eses correos envíanmos persoas que usan con moita frecuencia os nosos servizos, o que non deixa de ser paradoxal, e cando lles pregunto que que me queren dicir, responden dicindo que non o escribiron eles, que só se limitan a enviarmos. Escápaseme o motivo que lles leva a facer iso, pero o caso é que o fan.
Qué é un sindicato? Segundo o diccionario da RAG, un sindicato éunha asociación que ten por obxecto a defensa dos intereses e dos dereitos dos profesionais. O diccionario da RAE é máis exacta:Asociación de trabajadores constituida para la defensa y promoción de intereses profesionales, económicos o sociales de sus miembrose ademáis amplía a súa definición ca incorporación da definición de sindicatoamarillo:Organización sindical cuyo objetivo es minar la acción reivindicativa de los sindicatos obreros.
Feita a aclaración, continúo coa miña exposición. Cando se anunciou a inxusta medida de reducir os nosos salarios -e máis inxusta aínda polo xeito de aplicala- xa escoitei as primeiras afirmacións de que a culpa era nosa por non actuar antes, e sempre preguntei o mesmo sen atopar resposta: que tiñamos que facer e cal era o momento de facelo? convocar unha folga no 2009 polo si ou polo non, queimar autobuses polo si ou polo non, matar a Zapatero polo si ou polo non... Era posible actuar antes? cando? por que? como? non o pillo. Cando convocamos a folga volvín escoitar críticas aos sindicatos: que se non era a medida apropiada, que se encima iamos a perder máis cartos, que como o podiamos permitir... Cada vez entendo menos aos meus compañeiros, algún me falou de convocar a folga en fin de semana (o que xa di dabondo como somos os empregados públicos) outros falaron de convocar unha folga indefinida porque a esa convocatoria si que acudirían (pártome, non vas un día a folga e quéresme vender que irías a unha folga indefinida, xa!). Estou máis que farto, á concentración convocada o día do consello de ministros acudimos entre 1.000 e 2.000 persoas de 15.000 empregados públicos que ten a cidade da Coruña, e era fora da xornada laboral e nun día de sol radiante, é dicir, unha protesta gratis, pero estábase mellor na praia. En fin...
É certo que as organizacións sindicais debemos analizar o fracaso da folga -que eso é o que foi, digan o que digan publicamente os nosos dirixentes- e quizais os nosos dirixentes deban achegarse máis ás bases, aos que realizamos a nosa actividade sindical nos centros de traballo. E non falo a nivel local posto que esa proximidade coas bases si que existe, senón a un nivel máis alto onde os dirixentes son dirixentes en lugar de sindicalistas. Pero o que tamén é certo é que a Lei Orgánica de Liberdade Sindical non nos dá moitas armas, ademais da folga ou das manifestacións, para loitar contra as inxustizas. Se cadra a LOLS é o problema, se cadra é un gol que nos meteu Felipe González (que tanto fala estes días), e os sindicatos deberiamos agora de loitar por alcanzar un sistema de firma de acordos de alcance limitado que implicase a todos os traballadores na loita sindical -xa que inhibirse é quedarse fora- o que favorecería a afiliación e, polo tanto, a independencia das organizacións sindicais. Non hai que esquecer que a maior crítica que recibimos é polo noso financiamento e pola falta de independencia que a iso se lle supón.
Mais analizar non é entoar o mea culpa, porque insisto en que os sindicatos non somos culpables. Non somos un problema senón unha solución, e aínda así a sociedade afánase por sinalarnos inducida por opinadores de todas as cores que se empeñan en conseguir que as miradas dirixidas cara á súa irresponsabilidade e incapacidade, se desvíen cara ao veciño, que neste caso somos os propios traballadores e os seus representantes. Non me explico como nos deixamos manipular desa maneira polos verdadeiros culpables. Os medios de comunicación critican as subvencións aos sindicatos mentres estiran -e moito- a man para cobrar as súas (toma independencia! toma liberdade de información!); os partidos políticos fináncianse con subvencións e en gran medida -presuntamente- coa corrupción... e nin sequera pagan os seus pufos
cos bancos; cando pintan bastos
os bancos e as grandes empresas abastécense dos orzamentos xerais do estado a custo cero e despois financian a débeda pública a prezo de usura, gañan aínda que perdan, aínda que perdamos todos... pero a culpa é dos sindicatos porque deberían realizar a súa labor sufragando os gastos co diñeiro dos sindicalistas e afiliados. E estou plenamente de acordo con esta última afirmación, deberiamos ser autosuficientes e iso pasa por cambiar a LOLS, pero non só nós deberiamos ser autosuficientes. Xa abonda de mentiras dirixidas polos poderosos para debilitar a loita sindical, a debilidade dos sindicatos é a debilidade da clase traballadora, a debilidade da gran maioría dos cidadáns do mundo. Non podemos seguir comulgando con rodas de muíño.
Os sindicatos non somos culpables nin da crise nin das decisións do governo "de quenda". Os sindicatos somos nós mesmos, eses traballadores aos que requires cando tes un problema laboral e dos que reclamas unha solución, eses traballadores que cando solucionamos o teu problema é a nosa obriga e cando non somos uns vendidos, eses traballadores que temos que dar a cara por ti sen que che preocupen as represalias que toman contra nós, eses traballadores que nos comemos as rifas da dirección e as críticas dos propios compañeiros, eses traballadores que padecemos igual que ti o incumprimento dos acordos asinados coa empresa, eses traballadores aos que non dúbidas en chamar a calquera hora para contarlle os teus problemas laborais e aos que acusas de escaquearse
por dispor de horas -segundo ti- "libres" ... para que seguir.
Estou desencantado, a nosa labor non é recoñecida, pero sí criticada. Nunca pedín nada aos xefes para min, dame noxo a simple idea, pero cando consigo algo para alguén o agradecemento é tan fugaz como imperceptible. Cada vez que xorde un problema teño as mesmas dúbidas e trato de convencerme de que alguén ten que facer ese traballo, e de que eu estou disposto a facelo a pesares de todo. Cando escoito as críticas que recibimos pregúntome que pasaría se non houbese ninguén disposto a xogar este papel, porque o que máis critica non adoita ser precisamente o que está máis disposto a dar a cara polos demais. Polo de agora a organización convenceume de que debo seguir liderando a loita no meu centro de traballo a pesares de non ter alma de líder, e fareino mantendo a miña independencia ideolóxica porque non se me pode esixir outra cosa. Con todo, o meu espírito xa non é o mesmo; estou canso de loitar contra muíños. Canso e triste.
Comentarios feitos por
Sen comentarios









