Os trapos sucios da Axencia
Calcula o teu novo salario
Para facer o cálculo tes que seleccionar o teu Grupo, o teu Nivel de complemento de destino e máis a túa antigüidade na administración en número de trienios (non en anos). Se ademais queres calcular o desconto que che van aplicar nos outros complementos, terás que engadir tamén eses datos especificando o importe anual a percibir. Se non dispós dos datos en cómputo anual, o CE calcúlase multiplicando o importe mensual por 14, os demais non os podo calcular por ti. Ao premer no botón calcular aparecerán os cálculos realizados no lugar do formulario.