Os trapos sucios
da Axencia
Navegación
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en InternetTaboleiro Sindical
17/07: Comunicado de ATTAC España
A privatización das Caixas de Aforros só beneficiará aos grandes culpables da criseCAIXAS DE AFORROS PÚBLICAS E DOS CIDADÁNS
POLO CRÉDITO A FAMILIAS, PEMES E AUTÓNOMOS
NON ÁS PRIVATIZACIÓNS
NON MÁIS AGASALLOS AOS ESPECULADORES E BANQUEIROS
BANCA PÚBLICA XA!!
Apoia coa túa firma a CAMPAÑA POLA NACIONALIZACIÓN DAS CAIXAS DE AFORROS
08/07: Asemblea informativa Reforma Laboral
Comunícovos que o vindeiro luns día 12 de Xullo de 2010, ás 16,30 horas, na Facultade de Informática (Campus de Elviña, fronte ao comedor universitario), celebrarase unha asemblea informativa conxunta entre UGT e CCOO na que se falará sobre a Reforma Laboral e a Folga do 29 de Setembro.Á citada asemblea asistirán o noso Secretario Confederal, o compañeiro CÁNDIDO MÉNDEZ e o Secretario Confederal de CCOO IGNACIO FERNÁNDEZ TOXO.
Debido á importancia do acto e a pesar de que a hora non é a máis adecuada, pídovos a vosa asistencia.
08/07: Campaña de vacinación antigripal 2010
Reproduzo o correo enviado por RRHH aos sindicatos o día 7 de xullo:Siguiendo las pautas establecidas en años anteriores la Agencia Tributaria inicia su campaña de vacunación antigripal 2010. De acuerdo con ello en fechas próximas se dará publicidad a esta Campaña mediante carteles divulgativos etc. No obstante lo anterior y como adelanto a la difusión de dicha información a continuación se describe el procedimiento a seguir para anotarse en el Censo correspondiente y el plazo para realizarlo:
03/07: Cesamentos e nomeamentos
No BOE de hoxe saíron publicados os primeiros cesamentos e nomeamentos dos cargos que falabamos antonte. Como resumo poderiamos dicir que é ao que nos ten afeitos a AEAT: un cambio de cadeiras... que digo eu que se tan ben o facían, non sei a que veñen os cambios. O máis sensato será facernos relixiosos e pregar para que o cambio en RRHH sexa para ben e non se demore moito, aínda que penso que nin rezando arránxase o devandito departamento.Estes son os cambios publicados hoxe (os nomes inclúen unha ligazón á páxina do BOE en pdf):
01/07: Comezan as rebaixas!
Todo parece sinalar que Carbajo chegou con ganas de emular a Zapatero coa súa tesoira e decidiu cesar onte a varios directores de departamento da Axencia Tributaria, e polo que parece a cousa non vai quedar aí. Até mañá non poderemos confirmalo porque os cesamentos e nomeamentos teñen que ir ao Consello de Ministros, pero polo que sabemos(e saliéntoo porque en realidade non podemos afirmar nada) hoxe caeron os Directores/as dos Departamento de Xestión Tributaria, Inspección e Recadación. Fálannos tamén de que mañá sumaranse ao carro o Avogado do Estado Xefe e os Directores/as dos departamentos de Auditoría Interna, Aduanas -e isto é para tirar foguetes- RRHH.
Tamén me comentan que os Departamentos de Auditoría Interna e RRHH vanse fusionar e ata dixéronme os nomes dos novos xefes, pero non os direi por non converter nunha simple murmuración a información obtida de "fontes moi cribles".
Temos por certo que mañá saberemos máis, ata entón... isto é todo.
29/06: Que fan os sindicatos por nós?
Publicado hoxe en facebook no taboleiro do grupo No a los recortes
Acode mañá día 30 á manifestación en Santiago. Saída de autobuses ás 18.00 horas desde a Praza da Palloza (A Coruña)
24/06: Comunicado de ATTAC España
Os días 26 e 27 de xuño de 2010 volverá reunirse o G-20 en Toronto (Canadá). ATTAC España fai un chamamento á mobilización en todo o territorio español, como expresión de rexeitamento a este club antidemocrático e para esixir do Goberno de España unha actitude que se desmarque das formulacións neoliberais que propón o G-20.
Comunicado de ATTAC España (Ligazón externa)
13/06: Os sindicatos... culpables?
Culpables de que? culpables por que? de que se nos acusa? Nestes últimos días recibín bastantes correos -demasiados, ao meu parecer- con textos escritos presuntamente por funcionarios opinando sobre a actual situación de crise e a consecuente redución salarial dos empregados públicos. Cada un expresa o seu parecer como quere, faltaría máis, pero atopar en todos eses correos unha argumentación similar para botar a culpa de todos os males aos sindicatos, ademais de producirme tristura e desacougo, faime pensar que os presuntos autores (funcionarios cuxos nomes non se atopan nas procuras de Funciona
) estean dirixidos por alguén que quere que esa opinión cale na sociedade. É sorpredente, por outra banda, que estes opinadores en quente
denuncien a falta de rigor das opinións que critican aos empregados públicos, e non se decaten de que as súas adoecen do mesmo cando falan dos sindicatos.










