Os trapos sucios
da Axencia
Navegación
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en InternetArquivo de novas
01/07: Comezan as rebaixas!
Todo parece sinalar que Carbajo chegou con ganas de emular a Zapatero coa súa tesoira e decidiu cesar onte a varios directores de departamento da Axencia Tributaria, e polo que parece a cousa non vai quedar aí. Até mañá non poderemos confirmalo porque os cesamentos e nomeamentos teñen que ir ao Consello de Ministros, pero polo que sabemos(e saliéntoo porque en realidade non podemos afirmar nada) hoxe caeron os Directores/as dos Departamento de Xestión Tributaria, Inspección e Recadación. Fálannos tamén de que mañá sumaranse ao carro o Avogado do Estado Xefe e os Directores/as dos departamentos de Auditoría Interna, Aduanas -e isto é para tirar foguetes- RRHH.
Tamén me comentan que os Departamentos de Auditoría Interna e RRHH vanse fusionar e ata dixéronme os nomes dos novos xefes, pero non os direi por non converter nunha simple murmuración a información obtida de "fontes moi cribles".
Temos por certo que mañá saberemos máis, ata entón... isto é todo.










