Taboleiro Sindical

06/09: Proxecto ArtemisaEspañol

O Servizo de consultas xurídicas sobre discriminación por razón de sexo e igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no traballo, enmarcado no Proxecto Artemisa, que UXT xestiona desde o ano 2003, constatou que a maior preocupación das persoas que fixeron uso deste servizo é o exercicio dos dereitos relacionados coa maternidade e a conciliación da vida laboral e familiar, sendo ademais, a principal dificultade que perciben as mulleres traballadoras para acceder e permanecer no mercado laboral.

Ler máis...

08/07: Asemblea informativa Reforma LaboralEspañol

Comunícovos que o vindeiro luns día 12 de Xullo de 2010, ás 16,30 horas, na Facultade de Informática (Campus de Elviña, fronte ao comedor universitario), celebrarase unha asemblea informativa conxunta entre UGT e CCOO na que se falará sobre a Reforma Laboral e a Folga do 29 de Setembro.

Á citada asemblea asistirán o noso Secretario Confederal, o compañeiro CÁNDIDO MÉNDEZ e o Secretario Confederal de CCOO IGNACIO FERNÁNDEZ TOXO.

Debido á importancia do acto e a pesar de que a hora non é a máis adecuada, pídovos a vosa asistencia.

30/04: Redución de altos cargosEspañol

Órganos suprimidos no Ministerio de Economía e Facenda:

  • Secretaría Xeral de Financiamento Territorial
  • Dirección Xeral de Servizos e Coordinación Territorial
  • Departamento de Organización, Planificación e Relacións Institucionais da Axencia Tributaria (DOPRI).


APROBADA A RACIONALIZACIÓN DE ESTRUTURAS NA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO E A REDUCIÓN DE ALTOS CARGOS
O Consello de Ministros aprobou un Acordo sobre racionalización de estruturas na Administración Xeral do Estado, redución de altos cargos e reordenación do sector público empresarial.

Dáse resposta así ao compromiso do Goberno de pór en marcha un plan para diminuír de maneira significativa os gastos de persoal e de funcionamento da Administración Xeral do Estado, garantindo o mantemento da súa capacidade na prestación de servizos aos cidadáns.

Un Plan, por tanto, que se enmarca no esforzo de austeridade que está a levar a cabo o Goberno para lograr o restablecemento da estabilidade orzamentaria e a redución do déficit até a contorna do 3 por 100 do PIB no ano 2013.

O desenvolvemento do Acordo terá como resultado unha importante redución tanto das estruturas orgánicas básicas dos departamentos ministeriais e do sector público empresarial como dos altos cargos dos devanditos departamentos.

Fonte de información: http://www.la-moncloa.es/ConsejodeMinistros

30/04: Nomeamento do novo Director Xeral da AEATEspañol

Consello de Ministros

Director Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria

D. JUAN MANUEL LÓPEZ CARBAJO.

BIOGRAFÍA
Nacido en 1956 en Perilla de Castro (Zamora), casado, é Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid, e pertence aos Corpos Superiores de Inspectores de Facenda do Estado e de Inspectores de Seguros do Estado.

Desenvolveu toda a súa carreira administrativa no ámbito do Ministerio de Economía e Facenda. Foi Xefe da Asesoría Tributaria e Subdirector Xeral de Impostos sobre a Renda das Persoas Físicas na Dirección Xeral de Tributos, e Xefe do Equipo de Estudos da Fraude no Departamento de Inspección da Axencia Estatal da Administración Tributaria. En novembro de 2005 foi nomeado Director Adxunto do Departamento de Organización, Planificación e Relacións Institucionais da Axencia Estatal da Administración Tributaria, e Secretario Técnico da Comisión Mixta de Coordinación para a Xestión Tributaria entre as Administracións tributarias do Estado e das Comunidades Autónomas. Desde abril de 2008 era Secretario Xeral de Financiamento Territorial.

Fonte de información: http://www.la-moncloa.es/ConsejodeMinistros

29/04: Luis Pedroche cesadoEspañol

Cando teñamos máis información falaremos do asunto, polo de agora isto é todo que sabemos.

Ligazón a web do xornal "El País"

01/04: Oferta Pública de Emprego OPE-2010Español

Real Decreto 406/2010, do 31 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2010.

Texto íntegro

24/02: Mobilizacións contra a reforma das pensiónsEspañol

Como xa sabedes, o Governo expuxo unha reforma importante de moitos aspectos da Seguridade Social, aínda que os que máis transcenderon á opinión pública son o atraso da idade de xubilación. A reforma proposta abarca bastante temas, todos eles moi importantes e de gran calado.
Como consecuencia diso, UXT e CCOO acordamos facer manifestacións conxuntas en todas as capitais de provincia de toda España, que comezarán o 23 de Febreiro e prolongaranse até comezos de Marzo.
Na nosa provincia a manifestación celebrarase o martes 2 de Marzo ás 20:00 horas, saíndo desde a Praza da Palloza na cidade da Coruña.
É da máxima importancia que estas manifestacións sexan masivas e apoiadas por un sector maioritario da poboación. Si non protestamos contra esta Reforma, coa que se pretende que os traballadores "paguemos o pato da crise económica" (crise que foi provocada pola enorme avaricia desmedida dos sectores financeiros), logo non poderemos queixarnos. Si as mobilizacións non son masivas e apróbase a reforma, non vale dicir despóis: que facedes os Sindicatos? como o permitides?, porque si o Governo ve que os cidadáns non se mobilizan, a reforma levarase a cabo.

PREGÁMOSVOS QUE APOIEDES AS MANIFESTACIÓNS COA VOSA PRESENZA MASIVA.

A verdade oculta das pensións
Convocatoria de mobilizacións

17/02: Retribucións Empregados Públicos da AXE e Pensións 2010Español

Achégovos dous documentos onde atoparedes as retribucións do persoal funcionario e laboral da Administración Xeral do Estado para o ano 2010.
Na terceira ligazón atoparedes as contías mínimas das pensións contributivas da Seguridade Social para o dito ano.

Funcionarios
Laborais
Pensións

17/02: Estatísticas sobre Gasto Social e PensiónsEspañol

No documento adxunto pódese comprobar que:
- O Gasto Total en España en Protección Social é inferior á media Europea (tanto en % do PIB como por persoa).
- O Gasto en Pensións de Xubilación en España é inferior á media Europea (tanto en % do PIB como por persoa).
- As achegas non procedentes de Cotas á Seguridade Social (vía PGE) para o sostemento de todo o Sistema da Seguridade Social en España é moi superior á maioría dos países da Unión Europea (cunha maior achega vía impostos, xa que teñen unha maior carga fiscal).
- Cadro de Idades Legais de Xubilación na Unión Europea, que demostra que son moi poucos os países que teñen unha idade de Xubilación superior aos 65 anos.
- Cadro de Pensións "Medias" en España, que demostra que as Pensións en España son bastante "escasas", e que no noso país, concretamente, están moi por baixo da media do estado español.
Os documentos proveñen das webs da Unión Europea e da Seguridade Social, e son estatísticas oficiais.

Estatísticas sobre Gasto Social e Pensións