Os trapos sucios
da Axencia
Navegación
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en InternetTaboleiro Sindical
17/07: Comunicado de ATTAC España
A privatización das Caixas de Aforros só beneficiará aos grandes culpables da criseCAIXAS DE AFORROS PÚBLICAS E DOS CIDADÁNS
POLO CRÉDITO A FAMILIAS, PEMES E AUTÓNOMOS
NON ÁS PRIVATIZACIÓNS
NON MÁIS AGASALLOS AOS ESPECULADORES E BANQUEIROS
BANCA PÚBLICA XA!!
Apoia coa túa firma a CAMPAÑA POLA NACIONALIZACIÓN DAS CAIXAS DE AFORROS
29/06: Que fan os sindicatos por nós?
Publicado hoxe en facebook no taboleiro do grupo No a los recortes
Acode mañá día 30 á manifestación en Santiago. Saída de autobuses ás 18.00 horas desde a Praza da Palloza (A Coruña)
24/06: Comunicado de ATTAC España
Os días 26 e 27 de xuño de 2010 volverá reunirse o G-20 en Toronto (Canadá). ATTAC España fai un chamamento á mobilización en todo o territorio español, como expresión de rexeitamento a este club antidemocrático e para esixir do Goberno de España unha actitude que se desmarque das formulacións neoliberais que propón o G-20.
Comunicado de ATTAC España (Ligazón externa)
13/06: Os sindicatos... culpables?
Culpables de que? culpables por que? de que se nos acusa? Nestes últimos días recibín bastantes correos -demasiados, ao meu parecer- con textos escritos presuntamente por funcionarios opinando sobre a actual situación de crise e a consecuente redución salarial dos empregados públicos. Cada un expresa o seu parecer como quere, faltaría máis, pero atopar en todos eses correos unha argumentación similar para botar a culpa de todos os males aos sindicatos, ademais de producirme tristura e desacougo, faime pensar que os presuntos autores (funcionarios cuxos nomes non se atopan nas procuras de Funciona
) estean dirixidos por alguén que quere que esa opinión cale na sociedade. É sorpredente, por outra banda, que estes opinadores en quente
denuncien a falta de rigor das opinións que critican aos empregados públicos, e non se decaten de que as súas adoecen do mesmo cando falan dos sindicatos.
02/03: Adeus Galicia, adeus
Facendo de tripas corazón votei a Touriño, e fíxeno porque Quintana prodúceme ardores e porque non votaría a Feijoo aínda que concorrese el só as eleccións, e o mesmo digo de calquera que concorrese baixo as siglas do partido popular. Non menciono a outras opcións políticas porque aquí non existen. Só sentinme cómodo votando cando Beiras lideraba ao BNG, desde entón non volvín a votar convencido do que facía. O PSdeG prodúceme desacougo e ao BNG de Quintana prefiro non xulgalo porque xa dixen dabondo. Dóeme a vitoria do PP, aínda que non me entristece moito a derrota do bipartito porque gañárono a pulso.Cravouno Suso de Toro no seu artigo de hoxe no País Victoria inmerecida, derrota merecida. O acontecido onte non é máis que o reflexo do que pensamos a maioría dos galegos: nos últimos catro anos Galicia non tivo governo, ou polo menos non se viu. O PP gañou as eleccións sen discurso político nin propostas, gañounas só con insultos -coma sempre- e grazas á infinita mediocridade do bipartito.











