Os trapos sucios
da Axencia
Navegación
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en InternetTaboleiro Sindical
28/05: Calcula a túa redución salarial
Poñemos a vosa disposición unha calculadora onlineque vos permitirá saber como vai ser a nosa nómina a partires do vindeiro mes de xuño. Está plenamente operativa aínda que non está rematada, pois falta a tradución ao español máis engadir o cálculo da redución salarial anual.
É importante sinalar que para facela funcionar é necesario ter activado o javascript. A calculadora non funciona cos navegadores Safari, Chrome e IE6, o que trataremos de solucionar ao longo do día. Sinalar tamén que o cálculo se fai sobre as nóminas do persoal funcionario, a redución do persoal laboral é moito máis sinxela de calcular: o 5% sobre todos os conceptos e para todas as categorías.
Aquí a tedes
28/05: Desafogos epistolares
Algúns desafogámonos lembrando á nai dos que nos desgovernan, e outros fano por escrito. Onte recibín un correo de unha achegada -funcionaria do ensino público, para máis acenos- que polo seu contido paréceme oportuno compartir con vos, xa que teño por certo que o entenderedes. Publícoo no idioma español porque así o recibín.Después de veintidós años impartiendo clases de Lengua Española a grupos de adolescentes cada vez más desmotivados -y no tengo claro que este sea, en el fondo, otro tema- estaba cobrando al final de cada mes casi 2200 euros. Como pertenezco al grupo A -aunque se nos haya negado reiteradamente la equiparación salarial con los demás funcionarios de nuestro grupo, porque disfrutamos de más vacaciones que el resto- a partir del próximo mes cobraré menos de 2000.
Me siento agraviada, vapuleada y ofendida.
Estoy profundamente enfadada, para empezar, con los grandes. Con los mercados, con los bancos, con las corporaciones, con esa economía que no cultiva , que no produce , que no investiga, pero cuya desmesurada avidez nos ha conducido a esta situación de la que muchísimas personas, demasiadas personas, están saliendo peor paradas que yo.
17/05: A verdade sobre os empregados públicos II
Preténdese enganar aos cidadáns dicindo que sobran Empregados Públicos e que son unha carga para a sociedade e para a economía de España. FALSO !Os Empregados Públicos, respecto da poboación empregada, representan:
- En España: 9,47%
- En Francia: 17%
- En Dinamarca: 25%
- En Reino Unido: 14%
Ver o cadro completo (en xanela emerxente)
E se falamos de número de Empregados Públicos en proporción ao total da Poboación, resulta que España tamén está por baixo da media da Unión Europea e dos países máis avanzados.
Ver o cadro completo (en xanela emerxente)
Os Empregados Públicos son os que lle atenden nun Hospital, os que arranxan os xardíns municipais, os que vixían a seguridade nas rúas, os que acoden en caso dun incendio, os que tramitan as súas pensións, os que manteñen en funcionamento a Administración Pública (non crerá que esta funciona grazas ao traballo dos políticos, non?), os que coidan aos seus fillos en gardarías públicas, os que coidan dos seus anciáns en Residencias de Anciáns Públicas, os que velan pola legalidade das decisións políticas e impiden o funcionamento arbitrario dos organismos públicos, os que serven comidas en comedores escolares e residencias, os que lle informan cando acode a un organismo público, os que vixían nas prisións, os que ensinan aos seus fillos...
POR QUE SE ESTÁ A DEMONIZAR AOS EMPREGADOS PÚBLICOS? PARA ENFRONTARNOS A UNS TRABALLADORES CONTRA OUTROS E EVITAR UNHA RESPOSTA CONTUNDENTE DOS CIDADÁNS EN CONTRA DOS VERDADEIROS RESPONSABLES DESTA CRISE
17/05: A verdade sobre os empregados públicos I
- Nós non provocamos a crise.
- Os pensionistas non provocaron a crise.
- Os millóns de españois desempregados non provocaron a crise.
As entidades financeiras, coa súa avaricia desmedida, foron os que provocaron a crise, pero déronselles axudas de miles de millóns de euros, que pagamos todos os cidadáns cos nosos impostos, para evitar a quebra dos bancos... e agora piden que se baixen os salarios.
Estáselle prestando aos bancos miles de millóns de euros, a través do FROB, pagados cos nosos impostos... e eles están a forzar a caida das bolsas e o afundimento da débeda emitida polos estados europeos, para poder mercala máis barata e beneficiarse máis aínda.
Aos dous días exactos do anuncio de Zapatero das medidas de axuste, as bolsas volveron a afundirse e agora din que hai que reducir o gasto sanitario.
Non lles chega!
Non lles chegará nunca!
Non lles chegará nunca!
Cada vez que os estados ceden a súa soberanía, ante as presións das entidades financeiras e os grandes especuladores bolsistas, estes piden máis reformas que menoscaban os beneficios sociais e o estado do benestar.
- Queren reducir as pensións públicas para incrementar o negocio dos plans de pensións privados!
- Queren reducir a sanidade pública para incrementar o negocio das multinacionais da sanidade!
- Queren reducir as indemnizacións por despedimento, para ter aos traballadores máis amedrentados e sometidos, con medo a un despedimento barato!
Ímolo permitir sen protestar?










