Taboleiro Sindical

03/07: Cesamentos e nomeamentosEspañol

No BOE de hoxe saíron publicados os primeiros cesamentos e nomeamentos dos cargos que falabamos antonte. Como resumo poderiamos dicir que é ao que nos ten afeitos a AEAT: un cambio de cadeiras... que digo eu que se tan ben o facían, non sei a que veñen os cambios. O máis sensato será facernos relixiosos e pregar para que o cambio en RRHH sexa para ben e non se demore moito, aínda que penso que nin rezando arránxase o devandito departamento.

Estes son os cambios publicados hoxe (os nomes inclúen unha ligazón á páxina do BOE en pdf):

Ler máis...

01/07: Comezan as rebaixas!Español

Todo parece sinalar que Carbajo chegou con ganas de emular a Zapatero coa súa tesoira e decidiu cesar onte a varios directores de departamento da Axencia Tributaria, e polo que parece a cousa non vai quedar aí. Até mañá non poderemos confirmalo porque os cesamentos e nomeamentos teñen que ir ao Consello de Ministros, pero polo que sabemos (e saliéntoo porque en realidade non podemos afirmar nada) hoxe caeron os Directores/as dos Departamento de Xestión Tributaria, Inspección e Recadación. Fálannos tamén de que mañá sumaranse ao carro o Avogado do Estado Xefe e os Directores/as dos departamentos de Auditoría Interna, Aduanas -e isto é para tirar foguetes- RRHH.

Tamén me comentan que os Departamentos de Auditoría Interna e RRHH vanse fusionar e ata dixéronme os nomes dos novos xefes, pero non os direi por non converter nunha simple murmuración a información obtida de "fontes moi cribles".

Temos por certo que mañá saberemos máis, ata entón... isto é todo.